VIVIENDA

04.03.2019

Seguimos cos problemas da crise e a vivenda, que vimos arrastrando dende o ano pasado.

O INE publicou a cifra de vendas dun grupo de empresas representativas que ten seleccionadas e rexistraron unha intensa caída en decembro.

Tamén publicaron os datos de rexistro de Hipotecas. En 2018 rexistráronse 350.000 hipotecas de vivenda e a banca prestou 68.000 mill o 6% do PIB. En 2007 rexistráronse 1,2 mill de hipotecas sobre vivendas, case catro veces máis agora, e a banca prestou 300.000 mill o 6% do PIB.

Aínda que estamos a ver dinámicas nos prezos da vivenda similares ás de antes da crise están a producirse con moito menor boom de crédito e, por tanto, menor risco de repetir a crise bancaria que foi a principal causa da depresión e a intensa destrución de emprego.

Aínda así os prezos da vivenda, especialmente os do aluguer, subiron máis que os salarios e volven ser unha preocupación social, especialmente para os mozos que queren emanciparse.

A clave é sacar máis oferta de aluguer ao mercado. A medio prazo o estado e as administracións deben promover este tipo de vivendas, ben directamente ou indirectamente con fondos con participación privada para ir máis rápido no proceso. 

alerias Sol local 10A entrada Calle del paseo
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar